
> Inscribirse na ADSG ACIVO: [ABRIR]
A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira de ovino e caprino ADGS ACIVO ten a súa orixe no antigo servizo veterinario que OVICA ofrecía ós asociados. Despois de anos de loita logrouse, no 2006, a creación dunha ADSG de ovino e caprino a nivel galego.
A ADSG ACIVO conta cun equipo de veterinarios especializados en ovino e caprino que levan a cabo o programa sanitario nun gran número de explotacións por toda a xeografía galega e que representan un importante número de cabezas.
O programa sanitario e os servizos que presta a ADSG ACIVO son os seguintes:
Servizos xerais da ADSG:
1) Programa de control das desparasitacións internas do rebaño
2) Programa de control das desparasitacións externas do rebaño
3) Control de Paratuberculose (programa específico de prevención e control)
4) Prevención e control de enterotoxemias (basquilla) en rebaño con incidencia da enfermidade
5) Programa de desinfección, desinsectación e desratización. Pautas para realizar as operacións do DDD nas explotacións de ADSG
6) Subministro de medicamentos ós nosos socios
7) Dispensación de receitas e cumprimento das obrigas en materia de tratamentos veterinarios
8) Realización de enquisas de bioseguridade e posterior envío das melloras a realizar na explotación
9) Cursos de formación para os gandeiros e formación continuada
10) Programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles
11) Colaboración coas autoridades competentes na rede de vixilancia epidemiolóxica
12) Asesoramento na compra de novos animais
13) Consultas e atención telefónica permanente
Servizos adicionais da ADSG:
1) Control de reproducción (manexo, mellora e planificación, emprego de sistemas naturais e hormonais)
2) Ecografías en rebaños con control de reproducción
3) Programa de control fronte a Maedi-Visna
4) Control e seguimento das patoloxías de rebaño, inmunoprofilaxe e antibioterapia en caso de incidencia. Realización de programas específicos de prevención e control fronte a enfermidades (abortos, neumonías,...)
5) Recollida de mostras e envío a laboratorio
6) Control dos cans de rebaño (desparasitacións, vacinacións e identificación)
7) Realización de desparasitacións e vacinacións
8) Realización de necropsias
9) Realizacións de informes veterinarios
|